venres, 31 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Entre as actividades que realizamos para celebralo na escola destacaremos, entre outras cousas, a campaña de recollida de alimentos para colaborar cos máis desfavorecidos. Temos que agradecer a colaboración de todos pola participación, xa que foi un éxito, e o recollido irá para o banco de alimentos Rías Altas da nosa cidade.

Ademais disto, todos os alumnos e alumnas escribiron os seus desexos de paz para este día, algúns deles foron lidos en público e todos foron recollidos nunha caixa postal. Dun xeito simbólico, tamén enchemos a silueta dunha pomba da paz debuxada no chan con algúns dos alimentos recollidos. Vimos videos, escoitamos cancións e rematamos cantando todos xuntos "Campás pola paz" recollida no libro-CD Pan de millo de Migallas.
Os nosos desexos de paz

Cada un o seu desexo



A pomba da paz

Colocamos os alimentos,...

entre todos,...

maiores e pequenos, ...

Bo traballo!


Lendo os desexos de paz,...




Cantando.

Os murais.

Traballando sobre a paz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario