luns, 20 de xaneiro de 2014

SAÍDA AO MAC (MUSEO ARTE CONTEMPORÁNEA)

Os pasados xoves e venres, o alumnado de Educación Infantil visitou este encantador museo da nosa cidade que, ademais de ter unha fermosa colección de obras, ten tamén exposicións e o que é máis interesante para os pequenos, ofertan interesantes actividades relacionadas coa arte, a color, a luz, as formas,...
Nesta ocasión a actividade que realizaron cos nenos e nenas de catro e cinco anos tiña que ver cos proxectores (de luz, de imaxes,...) Ademais de aprender un montón e ver obras moi interesantes, houbo espacio para a emoción, a risa e a sorpresa.
A viaxe en autobús é unha experiencia divertida


Había varios monitores. Primeiro nos mostraron fotografías en branco e negro

As explicacións seguíronse con moita atención

Tamén participamos. Irene fixo un gato para decorar un muro baleiro

E coa axuda dun pequeno proxector...

Conseguímolo.

Tamén vimos grandes proxeccións que nos trasladaron a outros lugares...

E moitas cousas máis que non podemos ensinar porque as luces estaban apagadas.
O seguinte día foi o turno dos de cinco anos.

Que repetiron as mesmas experiencias
Tamén escoitaron con moita atención
Participaron
Con moito interese
As experiencias coas luces apagadas foron o mellor
Déronos lanternas que eran proxectores, coas que fixemos xogos.

Pero o mellor de todo foi o que non podemos ensinarvos porque DUENDÍN comezou coa sua máxia e, entre outras cousas, apagou todas as luces e as cámaras de fotos non funcionaban ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario