martes, 18 de marzo de 2014

BO PROVEITO!


Este é o nome do proxecto que temos entre mans os de educación infantil este trimestre. A través del, os rapaces e rapazas aprenderán o nome dos alimentos, a súa procedencia, receitas, as claves para unha alimentación saudable e moitas cousas máis dun xeito lúdico e activo.
A elaboración dunha macedonia serviu como actividade motivadora e, a partir de ahí xurdiron outras actividades para dar resposta as cuestións e situacións que foron xurdindo na aula.
Cancións, libros, novas receitas, visitas das familias para mostrar as súas especialidades culinarias, van creando un ambiente propicio para a aprendizaxe e o alumnado responde motivado a todas as situacións que preparamos para el@s.
Preparamos o título do proxecto


Coloreamos as letras

Xa está listo.


Traballamos na pirámide dos alimentos.


Recortamos dos folletos e pegamos


Entre todos.


Queda xenial!

Majo ten unhas ideas moi divertidas.


Fai cousas coas froitas

Expoñémolas antes de que se estropeen.







Outro día estivo con nós a nai de Jéssica na clase de 5 anos. Ensinounos como facer galletas. Estaban deliciosas! Con fariña, azucre, manteiga e aroma de vainilla. 



Mesturando os ingredientes.


Modelando a masa.


Cada un prepara a súa galleta.


Todos participan con interese.


Hai moito que aprender!

Tamén imos cada semana a informártica. Esta vez traballamos actividades sobre o conto Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle, que ten moito que ver cos alimentos.











Xa vos contaremos máis cousas porque xa fixemos macedonia, rosquillas, galletas, pero aínda queremos facer máis. Así que pronto teredes noticias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario