venres, 28 de marzo de 2014

OS DE TRES ANOS VAN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Moitos xa a coñecían, pero para outros foi a súa primeira visita. Coñeceron ao paxaro Ole, ás bibliotecarias, que explicaron que tipos de contos podemos encontrar na biblioteca e que contaron contos. Tamén poideron coller libros, miralos,.... A profe tiña carné para poder levar contos prestados á escola, así que voltamos cunha maleta chea deles. Alí dixéron que todos podemos facer un carné a así levar, sempre que queiramos, libros para casa.
O paxaro Ole na súa árbore

Coñecendo a Ole

Ole fálanos da biblioteca.

Cada un de nós pode ter o seu carné

Os libros están clasificados por cores.

Escoitamos

Contan contos

O conto O paseo de Rosalía.

Buscamos contos

Rebuscamos

Miramos

Na biblioteca hai cousas moi interesantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario