mércores, 30 de abril de 2014

HOXE NOS VISITA FUCO, O NOSO RATO DE BIBLIOTECA FAVORITO

Dentro da serie de actividades organizadas co gallo do Día do Libro e das Letras Galegas, hoxe visitounos Fuco Ratapón, o rato de biblioteca máis popular desta cidade. Veu acompañado pola súa avoa Violeta. Ambos deleitáronnos coa súa música, os seus contos e a súa simpatía.

Fuco sempre ven acompañado do seu acordeón e dos seus libros.

 
Sempre consigue facernos sorir. 

 

Esta vez o tema foi a paz e a resolución pacífica dos conflictos.

 



O s rapaces e rapazas tamén puideron participar.

 

Cantamos xuntos.

 

E finalmente, despedímolos con moitos aplausos. 

 

E eles saíron ata a porta para despedirse de nós.

 

Ata pronto Fuco Ratapón! Esperamos verte pronto pola escola de novo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario