martes, 8 de abril de 2014

LUIS VEIRA, O GRAN CHEF, VISITA A ESCOLA

Hoxe é un día especial no cole porque estivo con nós o pai de Luis Veira, alumno da aula de 3 anos. Luis Veira, que tamén se chama así, é un gran chef e é o propietario e responsable do restaurante Árbore da Veira, galardoado cunha estrela Michelín. Esta visita converteuse nunha auténtica festa, xa que nos sorprendeu cunha lección de repostería a base de todo aquilo que máis lles gusta aos pequenos: doces, chocolates, golosinas, cremas pasteleiras, polvos de cores,.....e un sinfín de cousas que fixeron gozar a grandes e pequenos.
Por se isto fose pouco, acudiu acompañado do seu equipo de 5 supercociñeir@s que se puxeron ao cargo dos equipos de rapaces e rapazas que fixeron de reposteiros, seguindo as súas indicacións.


Preparados cos nosos mandís.
Todo estaba preparado no ximnasio: as mesas, os ingredientes, os cociñeiros cos seus uniformes,...
Todo preparado.

As mesas...
Sobre unha mesa estaban os ingredientes e unhas letras que dicían CEIP DE PRÁCTICAS, feitas con papel comestible (papel comestible!!!) recortado.
O equipo...

As presentacións.

Atentos ás indicacións
Todos íamos participar, nen@s e mestras. En equipos de 5-6 persoas, a tarefa consistía en decorar esta base de letras con diferentes elementos nun tempo determinado. As decoracións facíanse con todos estes coloridos ingredientes ata que soase a campá que sinalaría o final do tempo asignado.
Presentando os ingredientes.

Como vamos desenvolver o traballo,

Todo estaba perfectamente organizado, só quedaba comezar,....

O chef fixo primeiro unha demostración práctica.

Despois sairon os primeiros equipos.
Todos traballaban con ritmo frenético, porque os cociñeiros profesionais non só teñen que cociñar ben senón que ademais teñen que facelo nun tempo limitado porque os clientes non lles gusta esperar moito para ser servidos.
Sempre axudados polos visitantes.

Recibindo indicacións e axuda para aprender.

Non quedou ninguén sen traballar





Case terminando....


Que divertido!


Que letras máis ricas!

A crema pasteleira rosa

Que estilo!




Por fin, o traballo rematado.
E agora, a comer!
Bo proveito!

Por certo, houbo tanta comida que os de inantil non poideron dar conta de todo e máis tarde sumáronse os alumn@s de primaria. Vaia festa!
 Coma sempre dicir, moitas grazas papás e mamás pola vosa colaboración nos nosos proxectos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario