mércores, 14 de xaneiro de 2015

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA Á RESIDENCIA DE MAIORES CASER

O pasado 17 de decembro os nenos e nenas de 4º de primaria realizamos unha visita a unha residencia de maiores.
Fixemos moitas cousas: un obradoiro de cociña cos avós, vimos xuntos a actuación dun mago e intercambiamos regalos fantásticos.
Nós levamos un pouco de alboroto e recibimos moitos, moitos sorisos.
Cando chegamos xa tiñan todo preparado para facer rosquillas. Os avós e nós tivemos que poñer gorros, luvas e mandís.









Despois comezamos a mesturar os ingredientes.

Preparados para bater

Coa receita na man, Hipólito fai indicacións mentres collemos o que necesitamos.

Tere bate mentres Álvaro suxeita. Traballo en equipo!

Esperando con Reme a que traian os ingredientes.

As avoas e os avós fixéronnos uns marcapáxinas de Papá Noel que nos regalaron ao rematar as rosquillas.

Mirade que chulos!

Logo chegou o espectáculo do mago Martín. Resultou moi divertido, sobre todo cando colleu como axudantes a Xoana e a Unax.



Nós tamén quixemos facerlles algún regaliño, así que, como os Magos de Oriente, levamos tres: a música de Juan, Antía e Xoana (realmente impresionantes!), o baile Happy que a profe Carmen preparou con nós (canto ritmo!) e unha "maxipostal" feita entre tod@s cos nosos mellores desexos escritos nas estrelas.






Foi unha tarde moi intensa e diferente: rimos, agradecimos, escoitamos, axudamos,....Moitas emocións compartidas cos nosos maiores.
Nesta aventura estivemos moi ben acompañados por Charo, a mamá de Xoana, Carmen, a nosa profe de educación física, Nélida, a orientadora do cole e Majo, a nosa profe de educación infantil.

Moitísimas grazas a tod@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario