mércores, 4 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz.
Como en anos anteriores, no centro fíxose unha recollida de productos de alimentación básicos e non perecedeiros para o banco de alimentos Rías Altas da nosa cidade. O éxito da campaña foi moi grande coma noutras ocasións, grazas á colaboración de todas as familias.
Durante a mañá fixemos un acto de celebración na sala de usos múltiples do centro. Cada rapaz colocou simbólicamente un paquete de comida no chan formándo o símbolo da paz. Despois todos cantamos a canción de Libre de Nino Bravo e Amiguiños todos .

A continuación mostrámosvos algunhas imaxes dese día.












Ningún comentario:

Publicar un comentario