xoves, 26 de marzo de 2015

DESCUBRINDO A PREHISTORIA II

Continuamos facendo un senfín de actividades para introducirmos no apaixoante mundo da Prehistoria.

Somos artesáns.

Orgullosos coas nosas produccións.


Tamén contamos cunha colaboración moi especial. Unhas compañeiras de 3º de primaria, Fatou, Vega e Bea, viñeron  falarnos das etapas da Prehistoria.


Fixeron unha actividade moi participativa.


Trouxeron diferentes obxectos para falarnos das tres etapas principais da Prehistoria: o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais.


E tod@s gozamos moito.


Ao final, as conclusións e unha canción.





Durante estes día tamén fixemos moitos debuxos libres.



Outro día chegamos á escola e atopamos un DOLMEN na porta da clase, e tivemos que pasar por debaixo del.

Grandes e pequenos quedamos impresionados con esta preciosa obra feita pola nai de Mateo da clase de 3 anos.



Esto deunos pé a descubrir cousas sobre os monumentos megalíticos: menhires, dolmens, cromlech, etc.



Manipulamos os materias e fixemos construccións en miniatura.





Foi moi divertido.


Despois fixemos fichas para fixar as aprendizaxes.



Nos ordenadores tamén hai xogos e información sobre a Prehistoria.





Tamén peparamos pintura con pigmentos, auga e aceite, dun xeito parecido a como farían os cavernícolas.


Miramos as proporcións, contamos e remexemos.




Despois a pintar.














Finalmente, aprendemos un montón de cousas. Aquí podedes ver un esquema dos temas que tratamos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario