venres, 6 de marzo de 2015

OS DE 3 ANOS VAN Á BIBLIOTECA

Os de tres anos foron esta semana á biblioteca do Ágora. Normalmente visitamos a dos Rosais que é a nosa biblioteca de referencia e coa que máis colaboramos, pero este ano imos coñecer outra que tamén está moi cerquiña da escola. 

Os rapaces e rapazas coñeceron ao paxaro Ole e as bibliotecarias contaron algúns contos moi bonitos.

O paxaro Ole na súa casa.

As bibliotecarias e o paxaro Ole.

A rapazada prestando moita atención.

Atentos e contentos.





Leváronnos a coñecer tamén a biblioteca dos maiores. O edificio é moi grande e moi bonito.


Paseando ordenadamente polas instalacións.

Observando todo.
 Despois cada un puido mirar todos os libros, collelos, tocalos,...






Collimos libros en préstamo para o cole e explicaron que cada un pode ter un carné de biblioteca e coller ata cinco libros de cada vez. E despois chegou a hora de marchar. Pero hai que volver pronto, as bibliotecas son moi interesantes.


Despedíndose.

Ningún comentario:

Publicar un comentario