martes, 19 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

O día 15 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas (como sabedes é o día 17 pero non hai clase). Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Na primeira parte do festival, contamos cun grupo de folk do que forma parte o pai de Aitor, alumno de 1º de primaria, e que se prestaron a ofrecernos un concerto. A verdade  e que fanno de marabilla, estivo moi animado e todos disfrutamos moito, sobre todo cando puidemos bailar.








Na segunda parte, o alumnado foi o protagonista. Cada clase ofreceu unha actuación; houbo baile, teatro, cancións, poesías, música,... 

Os presentadores: Mauro e Marta Niño de 6º.

Os de infantil preparados para actuar 

Representaron A casa da mosca chosca.




Foi unha actuación fantástica!

Os pandereiteiros de 6º. Coma sempre estiveron incribles.

A canción dos Insectos


Os de 2º

Os de 3º dixeron poesías.

Máis baile e música galega.

Os de 4º recitaron.

Os de 1º bailaron unha muiñeira.

Coa colaboración dos maiores.

Amaya tocou a gaita e Mateo a pandeireta.
Ao final estabamos todos esgotados. Foi unha mañá moi intensa, pero todos pasámolo realmente ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario