mércores, 6 de maio de 2015

ABRIL, MES DOS LIBROS

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura e a industria editorial. Elixiuse esta data porque coincide coa do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare no ano 1616.

En todo o mundo organízanse actividades en torno aos libros e, como é natural, tamén nas escola. No cole de prácticas fixemos concursos, lectura de contos nas aulas, exposición de libros e moitas cousas máis.

Nestas imaxes, a profe de 6º de infantil e os seus alumnos contan contos noutras aulas.











Ningún comentario:

Publicar un comentario