mércores, 17 de xuño de 2015

ATMOSFERAS: UNHA EXPOSICIÓN MOI ESPECIAL

Nesta última semana do curso visitamos unha exposición na sala NORMAL que está no mesmo edificio da escola. Gustounos moito. Pasamos por unha serie de salas con ambientes moi diferentes creados por diferentes artistas. Uns moi escuros, outros moi claros, algúns asustaban un pouco, outros invitaban a xogar. Tivo moito éxito un dos espazos onde había centos de obxectos diferentes dos que cada visitante podía escoller un e levalo para casa. Tamén  chamounos moito a atención un espazo cheo de pelotas brancas e plumas voladoras. En realidade cada ambiente tiña algo interesante: pantallas, sons, luces,...

Por certo, é unha visita para todos os públicos, así que puido asistir todo o alumnado do centro. O que non fose, pode ir coa súa familia durante o verán.



















Ningún comentario:

Publicar un comentario