mércores, 17 de xuño de 2015

BICHIÑOS DO NOSO PATIO. UN PROXECTO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Cada día, no patio da escola, encontramos multitude de bichiños que chaman a nosa atención: escaravellos, xoaniñas, caracois, bichos bola,....., especialmente coa chegada da primavera. Gústanos collelos, miralos con atención, saber sobre eles,.... E así é como comezou o noso proxecto do 3º trimestres.

Comezamos a investigar nomes, costumes, forma de reproducción,....






E chegaron os ovos dos vermes de seda, cos que puidemos descubrir como é o desenvolvemento e a metamorfose da bolboreta. Primeiro tiñamos que mirar con lupa porque os vermes eran tan pequechiños que case non podíamos velos.


Había que alimentalos todos os días con grandes cantidades de follas de moreira e medraron rapidamente, moitísimo.

Mentres, fixemos moitos traballos, con plastilina, fichas,...



E os vermes seguían medrando, tanto que tivemos que poñelos en diferentes caixas porque non cabían.


Despois, fabricaron os casulos.






E estiveron transformándose dentro durante dúas semanas. Ata que por fin, sairon as bolboretas, que non son moi grandes, nin moi coloridas, pero o proceso resultou interesantísimo.




Algúns fixeron bolboretas moi doces, feitas con chocolates.


Outros, eirugas moi larpeiras...



E todo tipo de bichos; insectos, moluscos, arácnidos,....




Como sempre, contamos cunha ampla selección de libros e outros materiais, que nos permitiron aprender moitas cousas.










Tiñamos moita curiosidade por saber. E ao final, conseguimos aprender todo o que nos propuxéramos.



Fixemos uns libriños ben bonitos cos nosos traballos.


E tamén manualidades.






Foi un trimestre fantástico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario