venres, 20 de febreiro de 2015

A SEMANA DO ENTROIDO


A semana de Entroido comezó deste xeito. Os máis pequenos da escola, educación infantil e primeiro ciclo de primaria, recibiron este bando:

Este ano todos xuntos
imos entrar na cova
pois coma prehistóricos 
temos que dar a nota.

Non é necesario 
gastar os cartos
con material reciclado
podemos apañarnos.

O MARTES  a cabeza
tes que adornar:
greñas, osos, barbas...
o que queiras podes inventar.

O MÉRCORES pensa
con que vestido virás,
peles, cordas...
o máis troglodita que poidas estar.

O XOVES só non podes vir,
un mazo, unha lanza,
un bisonte ou un mamut,
calquera cousa pode servir.

O VENRES viaxamos no tempo
así que calquer disfrace podes elixir,
bombeira, princesa, mendigo,
superheroe, troglodita ou faquir.

E así o fixemos......

O martes, coa cabeza adornada.














 O mércores cos nosos vestidos trogloditas.









O xoves con variados complementos.
















E o venres, festa total, con disfraces variados que podes ver na publicación sobre a festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario