Descubrir a Prehistoria é o que queremos facer co noso proxecto de infantil no segundo trimestre do curso.
Partindo do que xa sabemos e do que queremos aprender, comezamos a investigar. Para iso, solicitamos axuda ás familias e ás bibliotecas municipais. As familias axudan coa motivación, animando aos rapaces e despertando o seu interese, recollendo nova información con eles, aportando materiais á escola,.... As bibliotecarias buscan nos seus fondos todos aqueles libros informativos ou de ficción que teñan relacionados co noso tema. E, por suposto, as profes aportamos tamén os nosos materiais e organizamos o traballo nas aulas. Con todo isto, e entre todos, imos construindo as nosas aprendizaxes.
 |
| Esto é un resumo do que os nen@s pensan |
 |
| Comezamos a organizar os materiais que imos recopilando |
 |
| Expoñemos todo nos corredores e nas aulas |
 |
| Decoramos a escola cos nosos traballos |
 |
| A cova, |
 |
| o lume e as pinturas rupestres... |
 |
| Todos aportan algo. Noa trae unha pel de animal. |
 |
| Irene pinceis como os da prehistoria e unha pintura como as da Prehistoria |
 |
| Na prehistoria aprenderon a facer lume |
 |
| Estudamos sobre a pintura rupestre |
 |
| O carbón e os pigmentos eran os materiais que usaban para pintar sobre as paredes das covas |
 |
| Usabano o negro, o vermello e o ocre. |
 |
| Probamos a facer coma eles. |
 |
| Nós pintamos sobre papel, eles facíano sobre a pedra. |
 |
| Pintaban os animais: renos, bisontes, mamuts,..... |
 |
| Pintamos con trozos de madeira queimada como facían na Prehistoria. |
 |
| Tamén pintaban figuras humanas |
 |
| Preparamos os pigmentos |
 |
| Probamos primeiro. |
 |
| E despois, a colorear! |
 |
| Tamén gostaban de pintar as súas mans. |
 |
| Usamos as cores que usaban no pasado. |
 |
| E o resultado gustóunos. |
 |
| Os de tres anos fixeron as súas mans. |
 |
| Ocre, vermello, negro.... |
 |
| Na prehistoria tamén aprenderon a facer cousas con barro. |
 |
| Pois na escola, tamén quixemos facelo. |
 |
| Foi moi divertido. |
 |
| Cada un decorou as súas pezas ao seu gusto. |
 |
| Tamén fixemos bolas para facer colares e pulseiras, |
 |
| e así adornarnos como facían os cavernícolas. |
 |
| E aquí están os rsultados |
 |
| Erik fixo uns traballos moi bonitos en familia |
 |
| Con todo detalle |
 |
| Pablo, que fai as prácticas na escola, inventou un conto da Prehistoria para nós. |
 |
| Tamén fixo unha cova ben bonita. |
 |
| Que amosou en todas as aulas de infantil |
 |
| E entrar nas nosas aulas é como entrar na Prehistoria! |
 |
| Non si? |
E esta é a música que serve de banda sonora ao noso proxecto. So tedes pue clicar, e listo!
https://www.youtube.com/watch?v=Mo-SgTuw_IU
Ben, de momento esto é todo, pero pronto veredes moito máis do que está a suceder na escola nas aulas de infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario