O xoves, 11 de febreiro visitamos o
Museo de Belas Artes da Coruña. O
mar e o museo foi
o percorrido que fixemos e tivo como fío conductor os cadros e
esculturas que gardan relación cos mundos mariños reais e
fantásticos. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís
Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubrimos cadros e
esculturas para coñecer moitas cousas relacionadas co fascinante
medio mariño e coa pintura. Ao finalizar o percorrido polas salas, o
alumnado creou o seu propio álbum de cadros do museo.
Como
é natural, prestamos especial atención á obra de Urbano Lugrís xa
que este trimestre estamos traballando sobre el na aula.
 |
Chegada |
 |
Escultura |
 |
Vendo Mariña unha obra de Jaime Morera y Galicia |
 |
O fresco A Coruña 1830 de Urbano Lugrís |
 |
Coñecendo os útiles dos pintores |
 |
Observando os detalles |
 |
As obras de Lugrís |
 |
Na sala dos pintores galegos do século XX |
 |
Mariña surrealista de Urbano Lugrís |
 |
Nos obradoiros |
 |
Facendo o album de obras do museo |