luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ

O pasado venres, celebramos o Día da Paz na escola. Xa durante a semana fixéronse un montón de actividades relacionadas co tema: lectura de contos, caixiñas de bicos en infantil, apendizaxe de cancións, recollida de alimentos para os máis desfavorecidos. Na festa fixemos un bonito mosaico entre tod@s con parte destes alimentos e reunímonos para cantar cancións e celebrar a Paz xunt@s.


Preparados

Colocando

Todo listo!

A cantar!

Tamén fixemos un fantástico mural entre tod@s
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario