luns, 15 de febreiro de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DE 6º DE INFANTIL

O xoves, 11 de febreiro visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. O mar e o museo foi o percorrido que fixemos e tivo como fío conductor os cadros e esculturas que gardan relación cos mundos mariños reais e fantásticos. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubrimos cadros e esculturas para coñecer moitas cousas relacionadas co fascinante medio mariño e coa pintura. Ao finalizar o percorrido polas salas, o alumnado creou o seu propio álbum de cadros do museo.
Como é natural, prestamos especial atención á obra de Urbano Lugrís xa que este trimestre estamos traballando sobre el na aula.


Chegada

Escultura

Vendo Mariña unha obra de Jaime Morera y Galicia

O fresco A Coruña 1830 de Urbano Lugrís

Coñecendo os útiles dos pintores


Observando os detalles



As obras de Lugrís

Na sala dos pintores galegos do século XX



Mariña surrealista de Urbano Lugrís

Nos obradoiros

Facendo o album de obras do museo







Ningún comentario:

Publicar un comentario