venres, 12 de febreiro de 2016

URBANO LUGRÍS

Urbano Lugrís González foi un pintor coruñés que viviu entre os anos 1908 e 1973. Dende os seus primeiros anos aprendeu a amar musica, os libros e a dominar a arte do debuxo. Tamén tivo ocasión de coñecer a personaxes moi importantes da cultura galega.
Sempre se sentiu moi atraido polo mar azul da súa terra e foi unha das súas principais fontes de inspiración.
Foi pintor, escenógrafo, ilustrador de libros, escritor,....
O que máis nos gusta del son as súas obras pictóricas cheas de elementos mariños: sereas, cunchas, peixes, barcos,.... e ese halo de máxia que as rodea.

Este trimestre decidimos traballar inspirados pola obra de Lugrís. Deste xeito, visitaremos o Museo de Belas Artes para ver algunhas das súas obras, veremos nas aulas as imaxes das súas pinturas, leremos contos e libros sobre o mar, cantaremos cancións e incluso disfrazarémonos de pintores (como Urbano).





Ningún comentario:

Publicar un comentario