luns, 3 de xuño de 2013

TAMÉN HAI PAIS MÚSICOS

Nestas últimas semanas contamos coa presenza de numerosos alumn@s do centro que estudan música. E hoxe, contamos coa visita dun pai e unha nai que son músicos profesionais. A nai de Claudia e Paulo veu co seu violonchelo, e o pai de Alma trouxo unha guitarra e un theremin, que resultou ser un curioso instrumento electrónico pero de case cen anos de antiguidade. Este parece ser o único instrumento que se toca sen tocalo, só achegando e alonxando as mans del. Contaronnos algunhas cousas sobre música, melodías, fixemos ritmos coas mans, "tocamos" o theremin, e escoitamos varias interpretacións con estes instrumentos.
Colocándonos para a actuación

Esperando

Comezan as presentacións

Interpretación de violonchelo

Todos participando

Interpretación de guitarra


O theremin

Queremos probar


Pode impoñer un pouco ao principio

Con precaución

Interesante


Curioso

Divertido

Ningún comentario:

Publicar un comentario