venres, 14 de xuño de 2013

FACEMOS INSTRUMENTOS

Ides ver nestas fotos os instrumentos que fixemos nas aulas con diversos materiais. Veredes maracas feitas con botes de iougur e recheas con lentellas, arroz, fabas, sal,......Segundo os materiais e a súa cantidade puidemos comprobar que teñen diferentes sonidos. Tamén fixemos o CRI-CRI, coa casca dunha noz, unha goma e un pauiño, e resultou moi divertido tocalo.

Os máis pequenos proban os instrumentos:









Ningún comentario:

Publicar un comentario