xoves, 27 de xuño de 2013

PROXECTO XOGANDO COA MÚSICA

O último trimestre do curso foi adicado a música. Aprendimos sobre instrumentos musicais e fabricamos algúns, coñecimos a obra dalgúns compositores famosos (Mozart, Vivaldi, Bethoven, Bach,..), descubrimos diferentes estilos musicais como o jazz,... Ademais puidemos escoitar a moitos compañeiros e compañeiras do cole, que estudan no conservatorio ou en escolas de música, tocando os seus instrumentos. Como poidestes ver noutras entradas deste blog houbo instrumentos de vento, percusión, corda,... instrumentos tradicionais galegos,...Tamén tivemos a visita de pais que son músicos profesionais e dos que tamén aprendimos moito. As profes tamén nos sorprenderon un día tamén cos seus instrumentos. En fin, un trimestre cheo de aprendizaxes e diversión con todas estas actividades e moitas máis.


Comezando co proxecto

Todos colaborando na ambientación


Pouco a pouco imos enchendo os corredores con libros,..

...fotografías,..

murais,...



Esperando para ver como tocan as profes

As profes demostrando as súas habilidades coa guitarra,...


a pandeireta,...

e os rapaces encantados.

Cada nen@ levou o seu libriño sobre o proxecto,

para o que consultamos moitos libros e películas.

E agora, ata o curso que ven. Boas vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario