venres, 14 de xuño de 2013

SAÍDA AO MONTE DE SAN PEDRO

A última saída didáctica deste curso foi ao monte de San Pedro. Primeiro tivemos unha sesión preparatoria nas aulas e despois fixemos a visita. Na escola faláronnos da fauna e flora presente no monte  e vimos algúns vídeos.


Despois coloreamos nas aulas os animais dos que falamos.


Recortámolos e suxeitámolos cun pauiño.
Outro día fomos ao monte. Tivemos bo tempo e paseamos moito. Vimos plantas e algúns paxaros.

Tamén disfrutamos das marabillosas vistas da cidade.





Vimos os cañóns....


Na lagoa había unha ra.


Pero non tivemos a sorte de ver os lagartos, ourizos, ou outros animais que nos encantaría ter visto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario