Que quen é Luci? Pois... un escáncer.
Diego, o papá de Yago, ensinounos moitas cousas sobre este animal:
- É un réptil de sangue frío (parece unha culebra, pero en realidade é unha lagartixa sen patas).
- Come miñocas (vimos como o facía!), aproximadamante dúas ao día.
- Nos meses con frío está máis adormilada e cando vai calor, espabila.
- Cando sente perigo, expulsa a súa cola, pero é quen de facer crecer unha nova.
- Muda a pel. De feito, o día anterior á traela ao cole quixo vir guapa, así que cambiou a pel e poidemos tocar a vella.
- É ovovivíparo. Diego explicounos o que quere dicir esta palabra tan longa e difícil. Se non sabedes o que significa, preguntádelle a algún neno da clase de 5º de infantil, eles sí o saben.
Diego e Yago ensínannos a Luci |
Atrevímonos a tocalo! |
A pel vella de Luci |
Foto de familia MOITÍSIMAS GRAZAS A DIEGO, YAGO E, POR SUPOSTO, A LUCI! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario